martes, 20 de marzo de 2018

Resultados da II Competición de robótica do IES. Chano PIñeiro. Curso 2017-2018.

A continuación se mostran os resultados da II Competición de robots do IES. Chano Piñeiro, nas modalidades Segueliñas e Laberinto.

Na modalidade Segueliñas, cada grupo contou con 2 intentos para dar 1 volta ao circuíto no menor tempo posible (no caso de non rematar unha das voltas, a penalización é de 1000 segundos). En caso de empate a mellores tempos, o gañador se decide pola suma dos 2 tempos obtidos.

O ranking da proba Segueliñas quedou como segue:
Na modalidade Laberinto, cada grupo contou con 2 intentos para lograr saír do laberinto no menor tempo posible. En caso de empate a mellores tempos, o gañador se decide pola suma dos 2 tempos obtidos. En caso de non lograr ningún equipo saír do laberinto, se decidirá o gañador polo que recorra maior distancia no menor tempo posible, resolvéndose o posible empate pola suma das distancias obtidas e en última instancia polo menor tempo.

O ranking da proba Laberinto quedou como segue:
Premendo na seguinte ligazón podedes ver o vídeo realizado por Sebastián Álvarez sobre a II Competición de robótica na clase de TIC de 4º ESO.

Ningún comentario:

Publicar un comentario