martes, 20 de marzo de 2018

Resultados da II Competición de robótica do IES. Chano PIñeiro. Curso 2017-2018.

A continuación se mostran os resultados da II Competición de robots do IES. Chano Piñeiro, nas modalidades Segueliñas e Laberinto.

Na modalidade Segueliñas, cada grupo contou con 2 intentos para dar 1 volta ao circuíto no menor tempo posible (no caso de non rematar unha das voltas, a penalización é de 1000 segundos). En caso de empate a mellores tempos, o gañador se decide pola suma dos 2 tempos obtidos.

O ranking da proba Segueliñas quedou como segue:
Na modalidade Laberinto, cada grupo contou con 2 intentos para lograr saír do laberinto no menor tempo posible. En caso de empate a mellores tempos, o gañador se decide pola suma dos 2 tempos obtidos. En caso de non lograr ningún equipo saír do laberinto, se decidirá o gañador polo que recorra maior distancia no menor tempo posible, resolvéndose o posible empate pola suma das distancias obtidas e en última instancia polo menor tempo.

O ranking da proba Laberinto quedou como segue:
Premendo na seguinte ligazón podedes ver o vídeo realizado por Sebastián Álvarez sobre a II Competición de robótica na clase de TIC de 4º ESO.

luns, 19 de marzo de 2018

Proxectos realizados (2º ESO B). Curso 2017-2018.

Estes foron os proxectos realizados durante a 2ª avaliación no Taller de Tecnoloxía por parte dos alumnos de 2º ESO B:
Grupo 1. Catapulta: Diana Rozados, Sofía Rey e Xabier Mosquera.

Grupo 2. Triciclo Chinés: Tamara Sieiro, Nayeli Acosta, Lucía Cortizo e Ángela Sanjuán.

Grupo 3. Ponte levadiza: Estela López, Mario Fernández e Irene Pérez.

Grupo 4. Robot OTTO DIY+: Inés Álvarez, Candela Álvarez e Christian Nuez.

Grupo 5. Elevador Exipcio: Álex Fernández, Ismael Obelleiro e Cristian Paz.

Grupo 6. Carretilla elevadora: Igor García, Santiago Tato e Adrián Miranda.

Proxectos realizados (2º ESO A). Curso 2017-2018.

Estes foron os proxectos realizados durante a 2ª avaliación no Taller de Tecnoloxía por parte dos alumnos de 2º ESO A:
Grupo 1. Ponte Levadiza: Paula Campos, Óscar Márquez e Hugo Fernández.

Grupo 2. Carretilla elevadora: Brais Villaverde e Adrián Soto.

Grupo 3. Maqueta Casa: Rosalía López, Débora Blanco, David Silva e Fancisco Dapena.

Grupo 4. Triciclo Chinés: Antía Taboada, Adán Otero e Paula Piñeiro.

Grupo 5. Maqueta Ponte: Cristina Soto, Ainara Álvarez, Lorena Pereira e Eva García.

Grupo 6. Coche "Oldtimer": Miguel Simal, Adán López e Yago Camiña.

martes, 6 de marzo de 2018

II Competición de Robótica (3º ESO). Curso 2017-2018.

Deseño do Cartel: Sebastián Álvarez Fontán
O vindeiro martes 20 de marzo (entre as 15:30 e as 17:10), terá lugar a 2ª Competición de Robots do IES. Chano Piñeiro.

Nesta 2ª edición, a participación está limitada aos alumnos de 3º de ESO, distribuídos en 10 grupos.

A competición terá 2 modalidades:
  • Segueliñas. O robot debe seguir unha liña negra coa axuda do sensor de IR. Cada grupo contará con 3 intentos para completar 1 volta ao circuíto, gañará o robot que realice a volta no menor tempo. En caso de empate, o gañador se decidirá pola suma dos 3 tempos obtidos. (Se un robot non completa unha volta, será penalizado con 1000 segundos. O circuíto ten unha lonxitude duns 8 metros).

  • Labirinto. O robot debe escapar do labirinto coa axuda do sensor de ultrasóns. Cada grupo contará con 3 intentos, gañará o robot que escape no menor tempo, en caso de que ningún robot logre saír, gañará o robot que recorra unha maior distancia dentro do labirinto no menor tempo posible. (Se un robot golpea as paredes do labirinto, se parará a proba e será penalizado con 1000 segundos. O circuíto ten unha lonxitude de 9,6 metros).

Os resultados das competicións se mostrarán nunha futura entrada deste blogue.