mércores, 29 de marzo de 2017

Robot Bot'n'Roll One A (modificacións para a competición Segueliñas)

Detalle do sensor seguidor de liña (de cor vermella)

Para poder utilizar o robot na competición Segueliñas, se realizou a seguinte mellora:
  • Instalación dun seguidor de liña (Pololu© QTR-8A), que conta con 8 sensores de infravermellos.

Vista lateral do robot
De seguido tedes un vídeo resumo da I competición de robots, realizado pola alumna de TIC de 4º ESO Uxía Torres:

Lego Ev3 (modificacións para a competición Segueliñas)

 Vista dos 2 sensores de IR
Durante as probas previas á competición Segueliñas, realizadas co robot Lego Ev3, resolvéronse os seguintes problemas:
  • Cun único sensor de IR creemos que pode estar en desventaxa con outros robots na competición Segueliñas. (Nota: O sensor de IR do Lego Ev3 é mellor que o dos outros robots que temos no taller, pois detecta o porcentaxe de luz reflectida pola superficie, sendo realmente un sensor analóxico, fronte aos dos outros robots que só detectan presencia ou ausencia de luz reflectida (son dixitais)).
  • Ao ser o sensor de IR analóxico, este é sensible á cantidade de luz ambiental e as engurras do pano do circuíto.
Melloras realizadas:
  • Instalamos 2 sensores de IR.
Vista lateral do robot Lego Ev3

Mbot Ranger (modificacións para a competición Segueliñas)

Mbot Ranger como robot "tanque" con 2 sensores de IR
Durante a 2ª avaliación se realizaron as melloras no robot necesarias para a competición de Segueliñas.
De seguido, se resumen os problemas atopados co robot mbot ranger:
  • Os motores non teñen moita potencia (e non teñen unha resposta lineal ao solicitar un incremento de velocidade no programa).
  • O robot "corredor" (con rodas) esvara na pista (un protector para mesas).
  • As rodas dianteiras do robot tanque se afloxan continuamente ou impiden o movemento da goma que fai de cadea do tanque.
  • A potencia dos motores está moi influída polo nivel de potencia das pilas.
  • O consumo das pilas é tan grande que obriga a cambiala case cada 2 semanas.
  • 1 sensor de IR non parece suficiente para seguir a liña coa rapidez necesaria nunha competición.

Vista da batería recargable (de cor azul)
As melloras que tivemos que introducir nos Mbot Ranger foron as seguintes:
  • Montamos o mbot ranger como robot "tanque", algo máis tosco e lento nos movementos de xiro, pero que non esvara.
  • Para evitar que as tuercas, das rodas-guía, afroxen, colocamos 2 tuercas xuntas, pero as dimensións do parafuso obriga a limalas un pouco para que non se caian.
  • Aínda que as rodas-guía da correa do tanque se moven correctamente, as correas non fan a mesma tensión e o tanque tende a xirar, polo que hai que estirar un pouco a goma máis tensa.
  • Para evitar o consumo excesivo de pilas, compráronse baterías recargables de 4000 mA – 12 V para cada robot.
  • Puxemos 2 sensores de IR a cada robot (quedando só 3 robots para as competicións).
De seguido podedes ver un vídeo (realizado polo alumno de TIC de 4º de ESO Iván de la Fuente) cun resumo da participación do robot Mbot Ranger na competición.

venres, 24 de marzo de 2017

Resultados da I Competición de robots do IES. Chano PIñeiro (3º ESO)

A continuación se mostran os resultados da I Competición de robots do IES. Chano Piñeiro, nas modalidades Segueliñas e Baile.

Na modalidade Segueliñas o equipo gañador sería o que menor tempo obtivera en 3 recorridos ao circuíto (en caso de non rematar unha das voltas, a penalización sería de 1000 segundos). Só no caso de empate a mellores tempos, o gañador se decidiría pola suma dos 3 tempos obtidos (este caso non aconteceu).

O ranking da proba Segueliñas quedou como segue:
Na modalidade de Baile, só houbo un grupo participante (cun robot Sphero SPRK):
De seguido se mostra un vídeo resumo, realizado por Aida Miranda (alumna de TIC de 4º de ESO) sobre a participación do robot Sphero na competición:

venres, 17 de marzo de 2017

I Competición de robots do IES. Chano Piñeiro (3º ESO)

Deseño do Cartel: Sebastián Álvarez Fontán
O vindeiro venres 24 de marzo (entre as 10:40 e as 12:20), terá lugar a 1ª Competición de Robots do IES. Chano Piñeiro.

Nesta 1ª edición a participación está limitada aos alumnos de 3º de ESO (durante a 2ª avaliación os alumnos de 3º, estiveron programando o robot elixido por eles, entre os 11 do taller de 5 modelos diferentes, na modalidade Segueliñas ou Baile).

A competición terá 2 modalidades:
  • Segueliñas. Cada robot debe realizar 3 voltas ao circuíto, gañará o robot que realice a volta no menor tempo. En caso de empate, o gañador se decidirá pola suma dos 3 tempos obtidos. Se un robot no completa unha volta, será penalizado con 1000 segundos. O circuíto ten unha lonxitude de 20,35 metros.
  • Baile. O robot debe programarse para realizar a coreografía dunha canción elixida polo grupo. O robot non pode saír do tapete de dimensións: 143 cm x 289 cm (é o mesmo que se usa na competición Segueliñas). 3 xuíces valorarán a sincronización do movemento co ritmo da música, o nº e calidade das figuras realizadas e a beleza artística da coreografía no seu conxunto.

Os resultados das competicións se mostrarán nunha futura entrada deste blogue.

Esperamos continuar esta iniciativa en vindeiros cursos, abrindo as opcións de apuntarse á competición non só aos alumnos de 3º, senón tamén a outros alumnos que tiveran participado en cursos anteriores.