luns, 19 de decembro de 2011

Realización dos proxectos de 2º ESO A e 2º ESO B. Curso 2011-2012

Rematada xa a 1ª avaliación, comezaremos co traballo principal da 2ª avaliación: Os proxectos de Tecnoloxía.
Para axudar no que será a 3ª fase do proceso tecnolóxico (Construción do proxecto), temos á nosa disposición 3 documentos:
  • Memoria do proxecto en branco.pdf: Para que vaiades enchendo a bolígrafo as diversas partes de que se compón a memoria do proxecto.
  • Memoria do proxecto en branco.odt: É o mesmo documento pero en formato do Write de OpenOffice. Este documento en formato dixital teredes que entregalo na 3ª avaliación aproveitando os datos cumprimentados durante a elaboración do proxecto.
  • Diario de taller.pdf: Este documento serviravos de axuda para ir apuntando a data, o tipo de operación, os responsables de realizala e o tempo aproximado que vos levou. Estes apuntes vos axudarán moito na elaboración posterior da memoria do proxecto.