xoves, 1 de febreiro de 2018

Día da Ciencia en Galego: Programación dos robots Mbot Ranger. 3º ESO. Curso 2017-2018.

Traballo presentado nas actividades do día da Ciencia en Galego, celebrado no IES. Chano Piñeiro o martes 16 de xaneiro de 2018.

Monitores: Froilán González, Jairo Dias e Pablo Montáns.

Actividades realizadas:
Medición dos niveis de sonido ambiental en diversas áreas do Instituto. O programa realizado en Mblock foi: Medidor de sonido ambiente.sb2.
Medición obtida no Taller en silencio
Medición obtida no Salón de actos no Día da Ciencia

Iluminación do anel de LEDs seguindo o ritmo da música. O programa realizado en Mblock foi: Iluminar Leds a bordo seguindo a musica.sb2.
Foi utilizado na presentación do proxecto sobre Litofanías.
Iluminación da Litofanía de Chano Piñeiro (música Jean Michel Jarre)

Control do movemento do robot por Bluetooth. O programa realizado en Mblock foi: Contol_Teclado_motores.sb2.

sábado, 27 de xaneiro de 2018

Introdución á Electricidade. 2º ESO. Curso 2017-2018.


Este tema abarca os coñecementos básicos de Electricidade necesarios para a realización dos proxectos no Taller durante a 2ª avaliación.

Nos seguintes documentos tes toda a información que trataremos neste tema:


Para ampliar información sobre o apasionante mundo da Electricidade, podes premer na seguinte ligazón sobre Historia da Electricidade en Wikipedia.

sábado, 13 de xaneiro de 2018

Contidos de debuxo. 2º de ESO. Curso 2017-2018.

Co obxectivo de axudar na presentación dos proxectos técnicos a realizar no Taller (planos, vistas, etc) e no trazado das pezas que debamos mecanizar durante a construción dos proxectos, veremos como realizar bosquexos e esbozos dos proxectos ou das pezas que o compoñen, así como tamén aprenderemos a acoutalos.

Para os que contedes con planos de construción e para aqueles que teñades que realizar os planos de construción por primeira vez, axudaravos a interpretar os debuxos que aparecen neles ou a realizalos.

No seguinte documento PDF se recompilan os contidos básicos de debuxo para este curso, podes descargalo premendo na seguinte ligazón: Debuxo 2º ESO.pdf.

mércores, 13 de decembro de 2017

Proxectos tecnolóxicos para a 2ª Avaliación. 2º ESO. Curso 2017-2018.

Durante a 2ª avaliación se realizarán os proxectos tecnolóxicos no Taller. Cada grupo debe decidir, antes de irse de vacacións de Nadal, o proxecto a realizar, buscar a información que necesitará e planificar a construción. Así, á volta das vacacións comezarán a construción do proxecto elixido.

Os grupos de taller para a 2ª avaliación serán:
De seguido tedes as ligazóns aos planos de construción en formato PDF:
  • Grupo 1: Ponte levadiza (Opitec nº 105.456).
  • Grupo 2: Carretilla elevadora(Opitec nº 101.152).
  • Grupo 3: Maqueta de unha casa (elaborarán os planos durante a fase de construción).
  • Grupo4: Triciclo chinés (Opitec nº 101.887).
  • Grupo 5: Ponte (elaborarán os planos durante a fase de construción).
  • Grupo 6: Coche antigo "Oldtimer" (Opitec nº 101129).
De seguido tedes as ligazóns aos planos de construción en formato PDF:
Durante a elaboración do proxecto cada grupo deberá completar os seguintes documentos: Diario do proxecto.pdf e Diario de Taller.pdf, que lle permitirán redactar a Memoria do proxecto (Preme para descargala en formato pdf ou odt Memoria.pdf ou Memoria.odt).

luns, 4 de decembro de 2017

Metroloxía: Uso do Calibre. 2º ESO. Curso 2017-2018


Unha ferramenta imprescindible no taller é o Calibre ou Pé de Rei.
Esta ferramenta nos permite medir con precisión de décimas de milímetro, tanto medidas exteriores como interiores ou de profundidade, todas elas moi habituais ao realizar vaciados e furados en pezas.
 O contidos sobre Calibre podes atopalo no seguinte pdf: Metroloxía.pdf.

sábado, 18 de novembro de 2017

Formas comerciais da madeira. 2º ESO. Curso 2017-2018.


Neste apartado, repasaremos as diversas formas comerciais nas que se presenta a madeira, a maioría delas dispoñibles no Taller de Tecnoloxía para a construción dos proxectos.

Preme na seguinte ligazón para acceder ao documento en formato pdf que contén este contido: "Formas comercias da madeira".

Na seguinte imaxe, podes observar diversos tipos de madeira: artificiais e naturais (divididas a súa vez en duras e brandas).

sábado, 7 de outubro de 2017

Tema: Estruturas. 2º ESO. Curso 2017-2018.


O segundo tema da materia de Tecnoloxías de 2º de ESO trata sobre as estruturas.
Como un paso previo ao traballo en Taller, debemos coñecer os elementos que conforman as estruturas e os esforzos aos que se ven sometidos, ademais dos elementos que aumentan a súa resistencia.

Premede na seguinte ligazón para acceder ao documento en formato PDF que contén o tema: Estruturas.pdf.

Para completar a información sobre o tema, contamos coas seguintes ligazóns:

Vídeos sobre elementos simples dunha estrutura.

Exemplos de estruturas:

Superestruturas.

Estabilidade das estruturas. Centro de gravidade (centro de masas).

Esforzos aos que se ven sometidos as estruturas.
Nota: O 7 de Novembro de 1940, sobre as 11:00 da mañá, a ponte de Tacoma (Estado de Washington en EEUU) caeu debido ás vibracións inducidas por un vento lateral duns 65 Km/h. A ponte levaba unicamente uns poucos meses aberta ao tráfico, tiña unha lonxitude de 1600 metros e unha distancia entre piares (luz) de 850 m (era a 3ª máis grande do mundo na súa época).

luns, 2 de outubro de 2017

Iniciación aos kits de robótica Mbot Ranger. 3º ESO. Curso 2017-2018.

Durante esta 1ª avaliación, alternaremos o contido teórico-práctico de Mecanismos co contido de iniciación ao kit de robótica Mbot Ranger de Makeblock.

Faremos un repaso ao entorno de programación mBlock, as diversas formas de comunicación e programación do robot Mbot Ranger; descubriremos as súas potencialidades (sensores, actuadores) e incluso a posibilidade de programalo desde a App Makeblock.

Posteriormente na 2ª avaliación nos dedicaremos a profundizar no coñecemento e programación do robot Mbot Ranger, para rematar a 2ª avaliación coa competición de robótica.

Podes descargar os seguintes pdf's sobre a programación do robot Mbot Ranger con Mblock, que iremos utilizando no Taller durante a 1ª avaliación e 2ª avaliación:

Ademais, podes descargar o excelente Manual de Mbot Ranger de Susana Oubiña:
Os 10 grupos para o traballo en taller serán os seguintes:

mércores, 27 de setembro de 2017

Proxectos introdutorios. 2º ESO. Curso 2017-2018.

Comezamos este curso o traballo en Taller, realizando varios proxectos sinxelos, que nos permitirán coñecer as ferramentas do taller dun xeito práctico.

Se premes na seguinte ligazón podes descargar a lista das ferramentas máis utilizadas no noso taller, e que debes coñecer: "Lista de ferramentas.pdf"

Podes consultar estes 2 pdf cando teñas dúbidas sobre as ferramentas:
Os grupos de taller de 2º ESO A, serán:
Os grupos de taller de 2º ESO B, serán:

De seguido tedes os arquivos pdf cos planos de construción que necesitaredes:

Na seguinte imaxe tedes un plano do taller de Tecnoloxía, coa disposición dos diferentes espazos de traballo.

mércores, 20 de setembro de 2017

Tema 1: Mecanismos. 3º ESO. Curso 2017-2018.


Este curso comezaremos polos contidos relacionados cos sistemas mecánicos: Pancas e sistemas de transmisión e transformación do movemento (con engrenaxes e poleas).
Para acceder aos apuntes sobre sistemas mecánicos, podes premer sobre a  seguinte ligazón ao documento en formato PDF: Mecanismos.pdf
Como ampliación de información podes premer na seguinte ligazón a Youtube:
Nas seguintes ligazóns podes acceder a máis exercicios sobre mecanismos:

Ampliación: